Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

DOS ARQUIVOS DO TRASNO

€13,50
ISBN 9788498656602
Vinte relatos nos que Dieste trata con modernidade a presenza do sobrenatural no mundo popular. Dos arquivos do trasno publicouse no ano 1926.

Desde aquela data, o libro non cesou de medrar na consideración dos lectores e da crítica. Con el, a arte do conto acada modernidade para amosar as pegadas do imaxinario galego cunha brillantez inusitada. Un mundo narrativo no que o misterioso e o extraordinario se mestura de xeito indisoluble co popular e cotián. A obra literaria de Dieste fai lostregar a realidade cunha luz que atrae e engaiola. "O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. Un anticipo do realismo máxico situado nas vilas mariñeiras de Galicia.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego