Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

DORNA SAUDAL. POEMAS DO MAR E LÉXICO MARIÑEIRO DE ANTÓN ZAPATA GARCÍA

€17,00
ISBN 9788417094072
Compilación dos textos poéticos do escritor de Laxe que teñen relación co mar e en particular coa Costa da Morte ou «costa brava», topónimo este último que adoitaban reivindicar nesa altura fronte ao primeiro que veu de fóra coma unha creación do xornalismo sensacionalista por mor da traxedia dos naufraxios e das súas lendas.

Unha parte dos textos xa foi agrupada polo propio autor baixo o epígrafe «Dorna saudal» no seu único libro de poemas A roseira da soidade (1954) e o resto destes poemas publicouse en revistas e xornais da época nos moitos anos da súa diáspora bonaerense. O estudo introdutorio ábrese cunha breve anotación biográfica e unha análise do contido dos seus poemas descritivos do mar e da vida mariñeira, para rematar coa análise e un glosario do seu léxico mariñeiro.

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego