Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DONAIRA

€18,00
ISBN 9791399122732

Un piloto con alma de conquistador, un médico de espírito romántico e un sociólogo curioso deciden emprender unha expedición despois de escoitar unha lenda sobre un país habitado só por mulleres. Esta utopía de ciencia ficción feminista en forma de novela de aventuras sérvelle á autora para facer unha crítica á sociedade da súa época. Nela trátanse temas que seguen no foco na actualidade, entre eles o consentimento, os roles de xénero, a educación ou o vexetarianismo. Esta obra foi publicada por capítulos entre 1915 e 1916 na revista The Forerunner. Agora ve a luz en galego por vez primeira.

Charlotte Anna Perkins, Hartford  1860 e finada en Pasadena (California)  1935, foi unha intelectual norteamericana multidisciplinar, moi activa en defensa dos dereitos civís das mulleres entre finais de 1890 e mediados de 1920. A súa obra máis coñecida é The Yellow Wallpaper publicada en 1892, un relato breve con toques autobiográficos escrito tras unha profunda depresión posparto. Tamén o seu manifesto que avogaba pola independencia económica das mulleres Women and Economics (1898). A utopía Terra delas (1915), está considerada a precursora da ciencia ficción feminista moderna. A súa figura serviu de modelo debido ás súas ideas e o seu estilo de vida pouco ortodoxo para a época.

Publicouse en galego a súa peza "O papel de parede amarelo", contido en Fenda, loucura e morte (Xerais, 1999), con tradución de María Xosé Queizán. Tamén a novela intitulada Herland no orixinal inglés, do que en galego saíron case de xeito simultáneo en 2026 as traducións Terra delas (Árbore azul; tradución de Raquel Senra) e Donaira (Boadicea editora; tradución conxunta de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema Suárez).

___

Editorial: Boadicea Editora 04-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 140
NARRATIVA CIENCIA FICCIÓN