DOMINGO GARCIA-SABELL. A VOZ E A PALABRA
A partir dunha serie de cadernos, escritos entre 1957 e 1980, aos que Domingo García-Sabell denominaba Xornal, complementados coas conversas que Siro López Lorenzo mantivo con el ao longo de 1993, neste libro trázanse as liñas que caracterizaron, unha personalidade de variadas facetas.
Nestas páxinas maniféstase a voz e a palabra do eminente médico e destacado membro da xeración de ensaístas da primera etapa de Galaxia, da que foi presidente entre 1976 e 1980.
Da familia e dos amigos, da actividade cultural ao compromiso político, que iniciou na súa mocidade, este libro é un textemuño en primeira persoa da vida e a obra de quen foi presidente da Real Academia Galega (1979-1997) e delegado do Goberno en Galicia (1981-1996) nun período de especial transcendencia, o de inicio das súas instítucións políticas..
Xunto a Ramón Piñeiro, converteuse nun piar fundamental do galeguismo cultural da posguerra e no deseño da Galicia contemporánea.
- Estudos: Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario e presidiu a Federación Universitaria de Estudiantes (FUE).
- Especialización: Ampliou estudos en Suíza e Alemaña (Hospital da Charité de Berlín) e obtivo o doutoramento en Madrid.
- Práctica: Centrouse na medicina interna, o metabolismo e a nutrición, aplicando a fenomenoloxía existencial ao trato cos pacientes.
- Editorial Galaxia: Foi un dos fundadores e director desta entidade clave para a resistencia cultural do idioma galego.
- Real Academia Galega: Presidiu a Real Academia Galega (RAG) entre 1979 e 1997.
- Outras institucións: Formou parte da Real Academia de Medicina de Galicia, da de Belas Artes, da de Ciencias e do prestixioso Club de Roma.
- Galeguismo: Afiliouse ao Partido Galeguista en 1936, sufrindo por iso reclusión nun campo de concentración en Lavacolla ao inicio da Guerra Civil.
- Transición: Foi nomeado senador por designación real nas Cortes Constituíntes (1977-1978).
- Delegación institucional: Exerceu como delegado do Goberno en Galicia entre os anos 1981 e 1996.
- Análise existencial do home galego enfermo
- Notas para una antropología del hombre gallego
- Tres síntomas de Europa: Joyce, Van Gogh y Sartre
- Os gromos do pensamento
____
Editorial: Galaxia 05-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 232
ENSAIO
BIOGRAFÍA