Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

DO MELLOR DE NÓS III. PAIDEIA DA SOBERANIA CULTURAL DA NACIÓN GALEGA

€29,95
ISBN 9788418966095

Do afán por cambiar a «magna obra» en «opera aperta» para todos naceu esta Antoloxía-mostrario enciclopédico, que agora chega ao seu terceiro volume. Lanzamos aquí a nosa barca ao mar do tempo cara a horizontes máis propicios para democratizar entre a cidadanía actual o patrimonio intelectual e verbal da que chamamos «Áurea e Magna Época Nós» (1916-1980), que eles elaboraron con moitísimos menos medios dos que nós dispoñemos.
Educadores de luxo. Clásicos cuxo exemplo necesitamos manter vivo como sexa. Para lembrarnos quen somos. Para ilustrarnos
de onde vimos. E para empuxarnos cara a onde debemos endereitar con acerto os nosos pasos na Historia.
Para lograr ser libre e plenamente quen son. Sinxelamente, persoas nadas dun Pobo posuidor dunha Tradición orixinal, vasta e complexa, que os nosianos souberon descubrir ao seu xeito e revelárnola como cosmovisión
complexa, expresada no noso antigo e marabilloso idioma propio. Persoas dun Pobo inscritas nunha sociedade democrática, plural, diversa e multilingüe cuxas minorías máis responsables en cada época deron o mellor de si, coa explícita pretensión de converternos nunha sociedade máis culta, máis libre, máis xusta, máis solidaria, tamén neste século XXI.

____

Editorial: Hércules Ediciones

Idioma: Galego