Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DICCIONARIO ENCICLOPEDICO GALLEGO-CASTELLANO (3 TOMOS)

€15,00
ISBN 9788482884288

O valor do dicionario de Eladio Rodríguez reside na achega en moitas entradas de comentarios de valor etnográfico e fraseolóxico, incluíndo ata 11.363 refráns e locucións.

O Diccionario, coñecido tamén como"O Don Eladio", é a obra dun egrexio lexicógrafo e dun profundo e amantísimo coñecedor da Galicia tradicional, un diccionario que non se limita a recompilar as palabras e os seus significados, senón tamén a explicalas no seu contexto social e cultural, a recrealas a facelas revivir a través das súas variantes e das expresións, frases e refráns ás que dan lugar.    O primeiro volume do Diccionario, precedido dun fervoroso limiar de Otero Pedrayo, foi publicado en 1958 por Editorial Galaxia, quen contou nesta ocasión co patrocinio da Casa de Galica de Caracas. Os dous tomos restantes apareceron en 1960 e 1962 e desde ese momento"O Don Eladio"converteuse nunha referencia ineludible para lingüístas, filólogos, escritores e, en xeral, para todas as persoas interesadas en coñecer e apreciar a riqueza da lingua galega.     O diccionario enciclopédico gallego-castellano é un monumento da lexicografía galega, con máis de 2.000 páxinas, co que se formaron xeracións enteiras de estudiosos e escritores.

Eladio Rodríguez elaborou o seu dicionario durante gran parte da súa vida, comezándoo entre 1914 e 1916. En 1922 A Nosa Terra comenta que "aínda tardará moito en saír á luz". En 1926 Lesta Meis escribe que o autor aínda vai polo R pero que o dicionario podería estar rematado en cuestión duns meses. A finais da década de 1920 semellaba telo practicamente rematado e suponse que a partir de 1936 só faría algunha corrección e reescribiría algunha entrada.

 O dicionario seguiu o modelo do Diccionario de la Real Academia Española. Isto levou á incorporación de castelanismos propios de América innecesarios en galego. Este dicionario tamén incorporou boa parte das entradas dos dicionarios anteriores, moitas veces por medio do dicionario publicado pola Real Academia Galega así como voces procedentes da terra natal do autor. O vocabulario recolle tamén como entrada, con certa incoherencia, algúns topónimos e antropónimos (mesmo algúns hipocorísticos), así como algún xentilicio e dialectalismos (especialmente baseados no seseo implosivo). Discútese o seu carácter enciclopédico, dado que non inclúe biografías nin outros conceptos propios dunha enciclopedia. Só aquelas palabras que designan aspectos da cultura material e espiritual de Galicia -como casa, muíño, antroido, maiordomo, foro, aire, demo etc- desenvólvense nun formato propio dunha enciclopedia mentres o resto das voces —a gran maioría— defínense como en calquera dicionario convencional.

Vicente Risco en A Nosa Terra en 1928
"Este Diccionario contén non somentes infinidade de verbas, senón tamén xiros, excpresións, refráns, historia e todol-os elementos que integran a vida galega e todol-os segredos e variedades da nosa fala. Algo rematado que vén a constituir unha compreta Enciclopedia galega. Como craramente se adiviña resulta unha obra d'unha extensión enorme e por eso o único xeito doado de dal-a â luz é imprentándoa por coadernos. D'ese xeito "Nós" vai a comezar a dirixir circulares para asegurar de momento un necesario número de suscritores. Os coadernos serán quincenais ou decenás según conveñan o rápido remate da obra e abonaranse adiantados os dez primeiros, ou sexa dez pesetas. Sairán con toda regularidade e con compreta garantía para os suscritores"


____

Editorial: Galaxia 1958
Idioma: Galego
Páxinas: más de 2.000
Entradas: 13.000
Refráns: 11363
Tamaño: 150x200