Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DIARIO DO MIMO

€12,00
ISBN 9788471546623
Unha colección de relatos en forma de diario dunha muller que vai contado diversas experiencias da súa vida, desde episodios da infancia ata desenganos da madurez.

Compoñen este libro algo máis dunha ducia de relatos breves escritos cunha sensibilidade exquisita, na que os valores narrativos, administrados con moita intelixencia, acaban creando unha atmosfera poética absolutamente cativante. Trátase dun diario feminino no que, páxina a páxina, asistimos á maduración vital dunha muller: a perda das ilusións, a aparición do desengano, o encontro coa morte… A táboa de salvación pasa a ser o mimo, o personaxe mudo no que se simbolizan os xestos e o silencio.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego