Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.

€19,95
ISBN 9788484785307

En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de “non ficción”. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.

A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.

Sobre As cancións… a crítica escribiu:

“Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario” (Xesús González Gómez).

“Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal” (Manuel F. Vieites).

“É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor” (Xerardo Couto).

As cancións… resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura.” (Armando Requeixo).

“Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar” (Miguel Sande).

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Galego