Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

DETRÁS DOS PERDIDOS

€14,00
ISBN 9788417824075
A piques de empezar o verán de 1986, Fran, un rapaz de 15 anos, vese obrigado a marchar á casa dos seus avós en Caldarcos, “a aldea máis fría do mundo, o máis semellante que coñecía ao Oeste”.

Ana Saavedra artella unha ambiciosa publicación. Interésase por algunha persoa escandinava que queira envolverse na iniciativa e na que Gudmund Arnórsson participará de bon grado. Como nunha sorte de road movie, o lector verase deste xeito mergullado nunha vertixinosa aventura de persecucións, contrabandistas, enganos e dilemas éticos. El quere quedar en Pontevedra, xunto aos seus amigos, facendo surf e vendo a Carme, a rapaza máis desexada do instituto. A pesar das súas constantes negativas e de ter claro que en Caldarcos non hai nada que facer, a Fran ábreselle un novo mundo no que coñecerá a unha rapaza cuspidiña á cantante Cyndi Lauper, a un cura que ten un aquel con don Vito, o xefe da mafia, a Fiúncho, un mozo desgairado... Pero sobre todo descubrirá o gran segredo da avoa: o Grupo dos Perdidos.    

____

Editorial: Embora
Idioma: Gallego