Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O DESEÑO GRÁFICO NA COLECCIÓN DO MUSEO MASSÓ.

€29,90
ISBN 9788445343838
Estamos diante dun fermoso e exclusivo libro sobre a exposición "Deseño gráfico e publicidade na colección do museo" céntrase no tratamento gráfico, o pac- kaging e a publicidade como eixes temáticos, supón un paso adiante no estudo e a difusión de produtos da industria conservera comercializados por Massó desde finais do século XIX ata os anos 80 do XX


O libro/catálogo inclúe unha selección de tres textos da revísta Industria Conservera, publicación de referencia para o sector e que marcou unha época grazas aos artistas que deseñaron as súas portadas Nesta mostra expóñense unha parte dos fondos permanentes do museo, que nunca foran exhibidos na súa actual sé, e tamén outro importante conxunto que,aínda achándose nas salas, pasaban prácticamente desapercibidos por non contar cunha presentación adecuada. Desde o primeiro momento, a industria conservera foi consciente da necesidade de investir na promoción e a difusión publicitaria, así como de facer atractivos os seus produtos para o consumidor, esta actividade creativa implicou unha inte-resante labor de deseño, anónima no seu maior parte, cuxo valor transcendeu ata os nosos días e da que aquí podemos contemplar unha pequena selección. A maior parte dos obxectos mostrados neste libro son o resultado dun proceso industrial que comprende desde o uso de una materia prima (follalata) e a súa litografiado(planchas), ata a súa transformación en envase(lata) e posterior venda (publicidade). É este largo e complexo proceso o que trataremos de sentetizar e explicar brevemente neste libro.Non podemos deixar de comezar facendo un breve resumo introductorio dos momento sclave da historia de consérva. Xa nos séculos pasados, decoración das latas non era allea ao marketing publicitario. A súa evolución no deseño, desde finais da centuria deci-monónica ata mediados do século XX é máis que evidente. Marcas como Kayrel, Massó ou O Porrón, entre outras,  convirtieronse en acenos de identidade de consérvas Massó, e os seus deseños, con lixeiras modificaciones, perduraron ao longo do tempo. Para representar as diferentes marcas da empresa ése colleron símbolos relacionados co mar. De o fín, un veleiro; Cormorán , Gaviota e Ibis, aves; Massó, peixes ou imaxes fácilmente reconocibles polo consumidor, como é o caso da pirámide e a esfinxe propias da marca Kayrel. Os deseños máis artísticos e de maior valor estético foron os dos primeiros anos da empresa, como se pode ver nas pezas correspondentes ás marcas Kairo, A Cosmopolite ou Lle Drapeau , ademais de os exemplos máis antigos de Kayrel. Nos aspectos publicitarios, foi nos primeiros decenios do século XX cando a conservera Massó puxo neles maior énfasis. Así, na década dos vinte, a firma recorreu a un dos ilustradores máis recoñecidos no mundo do deseño gráfico, Federico Ribas, co obxectivo de crear unha imaxe de calidade e reconocible para o consumidor como produto de gran distinción. Ribas proxectou para a empresa carteis, catálogos, displays e postais publicitarias que puderan verse na exposición. O ilustrador responsabilizouse igualmente do deseño caligráfico da marca, a clásica tipografía cursiva que inscribiu o nome de Massó na historia da industria conserveira. Aos anos vinte podería pertencer también o símbolo publicitario que mellor definiu á empresa e que se converteu en auténtica imaxe corporativa: o atún atravesando o abrelatas da marca Massó. Toda unha época en conserva.  

____

Editorial: Xunta de Galicia
Idioma: Castellano