Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DEMERARA

€16,75
ISBN 9788491516194

Bernardo é un mozo galego que se criou nun orfanato de Vigo,

daquela nos albores do seu espertar como a cidade dinámica que agora é. En 1918, tras deixar a institución, leva unha vida errante polos arredores do porto, punto de partida para tantos galegos, e embarca no vapor Demerara camiño do Brasil, nunha viaxe sen perspectiva e sen vontade, sen saber que ou destino o fai compañeiro de viaxe da pandemia da gripe española. “Aquel navío era un pouco como a miña vida. Estaba en movemento, cercado de moita xente, e aínda así só no océano”.

Mestura de ficción e feitos históricos, a novela naceu a partir das pescudas do autor sobre as orixes do seu avó paterno, do que pouco se sabe: era vigués, chegou ao Brasil no navío Demerara e morreu o día do bautismo do seu único fillo.

Home e navío son personaxes indivisibles en Demerara, onde o autor fai un traballo minucioso de investigación que proporciona ao libro unha forte base histórica a través dunha escrita potente, elegante e fluída que nos achega a unha época en tempos de pandemia.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • ETERNITY

    Xosé Monteagudo
    €15,50

    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran d...

    Ver todos os detalles
  • ADIÓS MARÍA

    ADIÓS MARÍA

    Xohana Torres
    €20,00

    Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías. O retrato dun tempo q...

    Ver todos os detalles
  • O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO

    Luís Rei Núñez
    €18,00

    Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores. Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena ca...

    Ver todos os detalles
  • DESTEMPO

    Silvia Bardelás
    €18,00

    Unha muller maior pide ao seu neto que volva a Galicia a pasar o verán con ela. Quere que asista a unha especie de revolución que está a facer coas...

    Ver todos os detalles
  • DÉIXATE DE ÓDEGAS

    DÉIXATE DE ÓDEGAS

    Ursula Heinze
    €15,00

    Un retrato da Galicia rural que xa esmoreceu a través dos ollos dun neno. Os traballos, os costumes, os medos e os anceios de toda unha xeración qu...

    Ver todos os detalles