Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DEDRE

€17,00
ISBN 9788497822473
As pezas narrativas de "Dedre", o último libro de relatos de Ramón Caride, non requiren maior elucidación: a primeira, titulada "A razón práctica", é policial; a reescrita das andanzas de Pepe Carrera en dous tempos, personaxe que é, de seu, testemuña e símbolo dun tempo de renuncias, alicerce do noso e das súas miserias. En "Snuff-movie" e "Donald Fuck" sobrancean a cultura de masas, ou a súa ausencia, e o cinema, con homenaxes explícitas a Milo Manara, Rubem Fonseca, Ridley Scott e outras referencias xeracionais. Se nesa primeira parte destacan o realismo, a violencia e a negrura, na segunda, titulada "Da razón impura", con relatos recentes, Ramón Caride afonda pola contra no humor e na autocrítica, para trasmitir, por medio de sorprendentes artificios, como "Obradoiro literario" ou "A culpa foi de Max Weber", a ollada do autor, a medias irónica e corrosiva, sobre o noso sistema literario.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego