Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

DECAMERÓN

€25,50
ISBN 9788493537500
O clásico da literatura italiana e europea traducido por primeira vez ao galego e con prólogo de Álvaro Cunqueiro. Edición íntegra e anotada.

Desde Landolfo Rúffolo, o audaz amalfitano, até Martellino, o bufón de Treviso, as aventuras de Andreúccio de Perugia que vai comprar cabalos a Nápoles, Ferondo, a quen un abade convence de que morreu e resucitou, o conto da inxenua Alibec, o pai e o marido celoso que dan de comer, xa á sua filla, xa á súa esposa, o corazón do amante, a alegre historia do canto dos reiseñores, a historia de Nastagio degli Onesti —que poden ver pintada por Botticelli no [Museo do] Prado de Madrid—, o cociñeiro Chichibio que dá convencido ó seu amo de que as grúas soamente teñen un zanco; frei Cebola, que promete amosarlles ós de Certaldo unha pluma do arcanxo san Gabriel, e tantos amantes e raros e carnais amores, Calandrino coa súa pedra da invisibilidade… Hai en Boccaccio unha especie de constante triunfo da intelixencia. Boccaccio é o máis desinteresado, humano e libre dos narradores, e na súa prosa fixou a inmensa variedade das paixóns, como Shakespeare, por exemplo. E atopamos a máis profunda humanidade no corazón mesmo da máis inverosímil aventura.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego