Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

DE PUNTA A CHICOTE. ASÍ FALAN OS MARIÑAOS

Esgotado
€14,50
ISBN WP3582
Unha extraordinaria obra de consulta, excelente contribución á lexicografía (e á etnografía) mariñeira, onde atopará, clasificadas por orde alfabética, preto de 3.500 entradas froito de moitos anos de recollida de material a pé do porto.

Segunda entrega da recentemente estreada colección Salitre de Cumio. Unha extraordinaria obra de consulta, excelente contribución á lexicografía (e á etnografía) mariñeira, onde atopará, clasificadas por orde alfabética, preto de 3.500 entradas froito de moitos anos de recollida de material a pé do porto (ou nas chabolas mariñeiras mentres se reparan as redes rotas ou se arman novos aparellos, como tantas veces fixo Paco Rivas). De punta a chicote. Así falan os mariñaos, que é esencialmente un dicionario de fraseoloxía, ten o seu complemento noutra obra que proximamente verá a luz: Entre o abalo e a zaranda. Léxico do mar. Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta (Radio Galega, Radio Cornellá e Radio Foz) en programas pedagóxicos e culturais onde fixo numerosas lecturas poéticas. Interesado en temas literarios, lingüísticos e antropolóxicos, publicou diferentes estudos, propostas didácticas, adaptacións literarias e traducións de carácter pedagóxico como Ensino e Análise Transaccional de Marie J. Chalvin (Laiovento, 1998). É salientable a súa traxectoria como lingüista e lexicógrafo, ámbito no que publicou diversas obras entre as que destacan as realizadas no campo da lingua mariñeira, como Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000) ou o Dicionario Fraseolóxico do mar. No ámbito da poesía publicou numerosas colaboracións en revistas e participou en escolmas poéticas.

____