Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DE GALICIA A MAUTHAUSEN

€22,00
ISBN 9788411760522

Desde 1940, preto de 9.300 españois pasaron polas instalacións de Mauthausen e doutros campos de concentración do III Reich, deles, máis de douscentos eran galegos, dos que moitos non chegaron a ver a fin do conflito. Os superviventes principiaron unha nova e longa etapa no exilio que iniciaran tras o comezo da Guerra Civil, e que, no caso de moitos, non rematou tras a morte do ditador.

Este traballo de investigación histórica procura dar luz sobre as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias daqueles galegos que remataron nos campos de exterminio da Alemaña nazi, para que o seu doloroso transitar non quede no esquecemento, construíndo, ademais, unha base sólida para futuras investigacións, moi necesarias.

Garrido Fernández, Alba

(Ourense, 1997) é graduada en Historia (2020), no Máster de Historia Contemporánea (2021) pola Universidade de Santiago de Compostela e no Máster Universitario en Educación Secundaria pola Universidade de Vigo, en Ourense (2022). As súas primeiras investigacións xiraron ao redor do exilio republicano e ás traxectorias e experiencias vitais dos galegos deportados a campos de concentración da Alemaña Nazi.

Doutoranda no Programa de Historia Contemporánea da USC, no grupo de investigación HISTAGRA, cunha tese sobre a resistencia ao golpe de Estado de 1936 en Galicia.

Colaborou no proxecto da Secretaría de Estado de Memoria Democrática: “Definición, cartografado e proposta de intervención sobre os lugares de memoria do Golpe de 1936, a ditadura franquista e a Resistencia”, dirixido polo membro de HISTAGRA Antonio Míguez Macho.

____

Editorial: Galego 06- 2023
Idioma:  Galego
Páxinas: 198
Col: MEMORIA HISTÓRICA
GUERRA CIVIL