4ª EDICIÓN REVISADA
EDICIÓNS LAIOVENTO comprácese en editar e pór a disposición da cidadanía galega e do público en xeral unha obra fundamental no referente á identidade colectiva da nación galega, cal é a historia e a análise textual do Himno Galego.
A investigación de Manuel Ferreiro, cuxas primeiras versións xa apareceron en edicións sucesivas desta obra, analiza exhaustivamente a xeración do noso texto hímnico, descobre para todos nós as claves da súa aparición e estuda con rigor o proceso de degradación textual que sufriu o Himno dende 1890, ano da súa creación, até 1984, ano de promulgación da Lei de Símbolos do Parlamento Galego.
_____
Editorial: Laiovento 2007
Idioma: Galego