PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023
Apoesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteiras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa.
Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a labarada do fósforo.
A poeta abre un camiño entre lugares aos que agora podemos chegarnós.
A hospitalidade na neve é este poema.
MARÍA ÁLVAREZ MARTÍNEZ, Masha (Vigo, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa, e exerce como profesora no ensino secundario.
Residiu dous anos nos Estados Unidos (Sioux Falls, Dakota do Sur), o que sen dúbida inspirou o poemario gañador do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo.
Compaxina o seu labor profesional cunha carreira musical dentro do grupo Os Residuos Atractivas. Masha, como Yves Berger e John Dunbar, tamén sente a pulsión de ir ver a fronteira, antes de que desapareza.