Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

DA FANTASÍA Á REALIDADE: PINTURA EN GALICIA DE 1833 A 1936

€20,00
ISBN 9788496982581
As coleccións Afundación y ABANCA son realmente únicas nos seus fondos de arte galega contemporánea e posibilitan unha esclarecedora visión, cos máis destacados artistas, desde o Romanticismo ata a actualidade.

Realizouse este catálogo con motivo dunha mostra de 50 pezas pictóricas significativas dentro do período acoutado, tanto pola súa calidade como pola súa importancia no conxunto da obra dos artistas. Comprende obra de Jenaro Pérez Villaamil,  Dionisio Fierros, Serafín Avendaño, Silvio Fernández, Alfredo Souto, Ovidio Murguía, Ramón Parada, Francisco Llorens, Fernando Álvarez de Sotomayor, Castelao, Felipe Bello, Carlos Sobrino, Germán Taibo, Manuel Abelenda, Virxilio Blanco e Carlos Maside, entre outros.

____

Editorial: AFUNDACIÓN
Idioma: Gallego