O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE — Librería Abrente Ir ao contido

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE

€18,50
SKU 9788415920120
Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas.

 Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.
 




Editorial: Sushi book
Idioma: Gallego