Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CRÁTER

por Olga Novo
€15,00
ISBN 9788416721993

Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra; e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños organizando o comité da noite». Comparece aquí tamén a fera tenrura, ou a tenra fereza, da unión libre no entusiasmo carnal, ese bum-bum, bum-bum da lava en corpos que se dan pracer ata o infinito. E di, outra vez: «Quero desatar e ser desatada». Por iso os poemas non son aquí formas pechadas, senón suxestións caudalosas discorrendo coa liberdade imprevisible dun corazón que se expresa de fóra cara a dentro. Cráter é, xa que logo, a asistencia ao laio polos rescaldos dun lume tribal e, asemade, á celebración das emanacións ingobernables das lapas da vida. E chega na voz dunha deusa campesiña con xurisdición no territorio bañado polo río Saa. E proclama: «Vilarmao, sempre!».

____

Editorial: Kalandraka 2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A LUZ CO TEMPO DENTRO

    Xesús Rábade Paredes
    €15,00

    A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan.A pulsión e revelación da exis...

    Ver todos os detalles
  • O LUGAR ONDE VOU

    Vicente Araguas
    €16,70

    Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que imp...

    Ver todos os detalles
  • CANDO CAE A LUZ

    CANDO CAE A LUZ

    María Canosa
    €13,00

    Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo...

    Ver todos os detalles
  • O LUGARIÑO

    Iago González
    €16,00

    O lugariño é un libro sobre un lugar [O Arnuíde natal de Iago González] pero tamén sobre o rural galego, co esplendor da voz dun poeta que o canta ...

    Ver todos os detalles
  • A FRAGA DOS TEIXOS. UNHA FERRAMENTA DE PAIXÓN POLA NATUREZA

    Xosé Salvadores
    €19,00

    «Deixar cartos para os herdeiros é unha vulgaridade; eu pretendo deixar un bosque de teixos. Un teixegal, porque o teixo é unha das árbores no noso...

    Ver todos os detalles