Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

COUTO E PAZO DO ROSAL. MOAÑA

€10,00
ISBN 9788461655007
A historia do couto e pazo do Rosal en Moaña, o libro contén un importante traballo de recopilación histórica sobre o árbol xenealóxico dos señores do Rosal. Arranca no o século XVII.

Conta o autor que "a maior parte da fidalguía galega, xunto con outros estamentos de poder eclesiástico e civil, acolleuse ás Leis de Toro de 1505 que permitían agrupar os bens dun propietario e transmitilos na súa integridade a un único herdeiro, normalmente o fillo primoxénito. Dita lei de vínculos, fundacións e morgados contemplaba a posibilidade de engadir novos patrimonios ao vínculo primixenio pero non permitía allealos nin repartilos en herdanza".A historia a resume Manuel Uxío: "No antigo Couto do Rosal da freguesía de San Martiño de Moaña, citado como tal nun documento do ano 1306 vivía a comezos do século XVII, D. Álvaro Suárez de Deza, veciño de Vigo e Dª. Constanza López Romay, de Cangas, nunha casa, torreada nas súas orixes, que eles mandaron agrandar. Por carecer de fillos, en 1627outorgaron testamento conxunto acollido ás anteditas leis para que un sobriño de ambos, D. Gonzalo Saavedra, se convertera no primeiro Sr. do Rosal con propiedades e padroados eclesiásticos no Morrazo, Redondela, Pazos de Borbén e Vigo. O vínculo do Rosal agrandouse no ano 1686 cando Dª. Mariana de Valcárcel, dona do 2º. Sr. do Rosal D. Nicolás Saavedra, recibe en Moaña a tráxica noticia da morte do seu único irmán, que estaba solteiro; por ese motivo, as múltiples posesións dos pais en Vilalpape, Marzán e Toiriz, na provincia de Lugo, pasa a administralas dende o Rosal; No intre do seu pasamento, o herdeiro, D. Antonio Jacinto Saavedra, recibe dos proxenitores un vínculo ampliado con casas, terras e padroados eclesiásticos nos citados lugares das actuais provincias de Pontevedra e Lugo. Un novo engadido ten lugar no ano 1759 cando o 4º Sr. do que se empezou a chamar daquela, Pazo de San Gregorio do Rosal, recibiu unha doazón de catro primas solteiras con pazo e outras propiedades en Sanxenxo. Os dominios do Pazo do Rosal continuáronse ampliando en 1783 cando o sexto Sr. do pazo, D. José Saavedra, casou con Dª. María. Esclavitud Bermúdez, herdeira dun meirande capital en pazos, terras e padroados eclesiásticos en Láncara, Cedrón e outros lugares da provincia de Lugo e algúns máis en Corullón e Vilafranca do Bierzo. Raposeira Polas causas reflectidas, o herdeiro deles, D. Manuel Saavedra Bermúdez, foi un dos fidalgos que máis poderío económico e social tiña en Galicia. Casou coa dona do pazo da Raposeira, en Vigo, pero ambos os dous, á hora de testar tiveron que acollerse as leis desvinculadoras de vínculos e morgados de 1841 e repartir entre os oito fillos, que chegaron vivos á maioría de idade, todo o capital acumulado por ambos ao longo de máis de 200 anos, aínda que o primoxénito recibiu a metade del, onde se encontraba o Rosal con todas as terras desta comarca do Morrazo. Por morrer este solteiro o mesmo que seu irmán, pola 1ª vez, en 1906, unha muller foi dona do Rosal; trátase de Dª. Dolores Saavedra Costas que lle deixou as propiedades moañesas a súa filla Dolores López Saavedra. Por morrer sen descendencia directa no ano 1963, nomeou herdeiros aos sobriños de apelido Montenegro López Saavedra que pouco máis tarde venderon as propiedades do Rosal, incluído o propio pazo. No ano 1999 foi mercado polo construtor Álvarez Souto que o ten en bastante mal estado de conservación".

____

Editorial: Autor-Editor
Idioma: Gallego