Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRES IRMÁNS

€16,50
ISBN 9788412785241
Norte de Francia, xaneiro de 1871. Ao volver de xogar no río coa súa amiga Cécile, o pequeno Antoine, de doce anos, descobre que o exército prusiano matou a toda a súa familia. Como a de Cécile correu a mesma sorte, xuntos deciden camiñar até París na procura de Jacques Jouvet, un parente afastado do que só saben que vive no barrio de Montmartre. No camiño uniráselles Caroline, unha meniña de catro anos que, igual ca eles, quedou soa no mundo.
Jacques Jouvet, coñecido en Montmartre como Pau de buxo, acólleos de contado na súa comunidade, pero a revolución é inminente, e logo deberán cambiar o río pola barricada, a familia polos camaradas, os xogos polas asembleas.
Antoine, Cécile e Caroline pasarán a ser, desde entón e para sempre, tres irmáns.
Unha novela de aventuras de lectura engaiolante, con alento clásico e personaxes inesquecibles, que nos fala da perda da inocencia, do descubrimento da fraternidade e do fermoso soño da liberdade.

Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa,1977) é xornalista e escritor.
A súa primeira novela, O home inédito (2005), foi á súa vez a primeira novela galega publicada na Internet.
Autoedita os seus libros para público mozo e adulto desde o 2015. Destaca a serie Os cinco de Ons, protagonizada por unha cuadrilla de adolescentes que se xunta nas vacacións arredor de diferentes misterios, e da que forman parte Ons (2015), Cans (2016), Guitiriz (2017), Arousa (2018) e Portugal (2022). É tamén autor de Inge e Robbie
(2016) e A memoria dos meus pasos (2017)
Á marxe da autoedición, publicou as novelas:
Camiño de paixóns (2019, Ed. Galaxia, I Premio de Novela do Camiño de Santiago), Viva a Comuna! (2023, Ed. Xerais) e Ánxela e Spencer (2023, Ed. Xerais).

____

Editorial: Carlos Meixide 11-2024 
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • GROELANDIA

    FERNANDEZ DAVILA, FRAN
    €22,95

    PREMIO NARRATIVA B.REPSOL 2023 Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos quetraballan preto de Terra Nova. Un mar...

    Ver todos os detalles
  • SEMPRE HAUSA

    Babarro González, Xoán
    €12,40

    A historia dun rapaz novo obrigado a cambiar de mundo e que a pesar de todo non deixa de ser el mesmo. Abduhali é un rapaz nacido en Áf...

    Ver todos os detalles
  • ASASINATO NA CASA ROSA

    Arantza Portabales
    €20,90

    Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Ar...

    Ver todos os detalles
  • A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    Xosé Ricardo Losada
    €15,50

    Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades fí...

    Ver todos os detalles
  • ICARAS

    LABRAÑA, CARLOS
    €11,50

    PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana...

    Ver todos os detalles