Constitúe unha boa mostra das iniciativas, visión do mundo e sentimentos identitarios dun dos principais facedores de opinión da nutrida colectividade galega da Arxentina durante o primeiro terzo do século XX.
Idioma: Gallego
Cousas gallegas é unha recompilación de poemas, discursos e escritos varios do xornalista e avogado Fortunato Cruces, publicada en Bos Aires no 1923. Constitúe unha boa mostra das iniciativas, visión do mundo e sentimentos identitarios dun dos principais facedores de opinión da nutrida colectividade galega da Arxentina durante o primeiro terzo do século XX. O Consello da Cultura Galega recupera esta obra no marco da colección Clásicos da Emigración, acompañándoa dun interesante estudo introdutorio feito por Xosé Manuel Núñez Seixas.
____
Editorial: Consello da Cultura GalegaIdioma: Gallego