Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CORTE E CONFECCIÓN

€14,00
ISBN 9788491514138
“Escribir unha historia é coma facer un traxe —pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea—.

Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra. O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño…, que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo, de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de mil raias…” Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos di que, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastre usa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz… e a escritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños.  

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • OS LAPIS PRIMOS

    OS LAPIS PRIMOS

    José A. Ramírez Lozano
    €15,50

    Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos ...

    Ver todos os detalles
  • VIAXES DO CORAZÓN. DIARIO ÍNFIMO

    VIAXES DO CORAZÓN. DIARIO ÍNFIMO

    Xosé Manuel G. Trigo
    €12,75

    Vida e literatura xuntas nun libro que convoca momentos ínfimos do pasado para celebrar o presente.Un diario escrito con fina ironía mais sentindo ...

    Ver todos os detalles
  • O LIBRO DOS LIBROS

    O LIBRO DOS LIBROS

    VV.AA.
    €19,70

    Un conto moi vello fala dunha panadeira a quen lle preguntaron unha vez que por que escollera esa profesión e non outra. Dixo que adora comer pan,...

    Ver todos os detalles
  • MAR...USÍA. RELATOS SALPRESADOS

    MAR...USÍA. RELATOS SALPRESADOS

    Paco Rivas
    €10,00

    Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que ...

    Ver todos os detalles
  • CARTAS MARCADAS

    CARTAS MARCADAS

    Xavier Queipo
    €19,70

    O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Co...

    Ver todos os detalles