- O camiño cara á festa: Unha velliña sae da súa casa camiño do casamento da súa neta. Polo carreiro vese asaltada por tres grandes ameazas: un lobo, un oso e un león que queren comela.
- O pacto astuto: Cun enxeño asombroso, a vella convence as tres feras para que a deixen pasar, argumentando que agora está moi fraca e que é mellor que a esperen á volta, cando xa estea ben gorda despois de fartarse no banquete da voda.
- O plan de regreso: Tras a celebración, a neta e a avoa argallan un plan infalible para burlar de novo os depredadores: meten a velliña dentro dunha cabaza xigante para que baixe rodando polo camiño.
- O ronsel popular: Mentres a cabaza avanza, os animais fican estupefactos ao escoitar que dende o interior da hortaliza unha voz lles canta a xa mítica ladaíña: «Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!».
- A astucia sobre a forza bruta: O conto pon en valor o enxeño, a palabra e a estratexia intelixente como ferramentas eficaces para saír de situacións perigosas ou resolver problemas aparentemente insalvables.
- A solidariedade interxeneracional: Mostra unha fermosa complicidade entre a neta e a avoa á hora de cooperar e atopar xuntas unha solución creativa.
- Ritmo musical e memorización: Ao contar cunha estrutura repetitiva e rimada, convértese nun recurso idóneo para contar en voz alta, cantar nas aulas ou na casa e axudar a que os máis pequenos participen activamente na lectura repetindo as frases rimadas.
Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.
Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón.
Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león.
Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?
Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil.
Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras.
Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.
Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido. Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués Ilustracións de André Letria
____
Editorial: OQO 10-2016
Idioma: Galego
Páxinas: 36
TAPA DURA
INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
SOLIDARIDADE
ASTUCIA
CONTO POPULAR