Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CORRE, CORRE

€22,00
ISBN 97884-9795205
Harry Angstrom, coñecido como «Coello», parece insatisfeito coa súa vida familiar e co seu traballo de vendedor de peladores de verduras. Un día abandona a súa muller embarazada e o seu fillo de dous anos para iniciar unha fuxida sen rumbo. Atopa o seu antigo adestrador de baloncesto e coñece unha muller, con quen inicia unha relación. Namentres, o sacerdote da congregación á que pertence a súa familia política fará todo o posible por reconciliar o matrimonio.
John Updike
O estadounidense John Updike (1932-2009) foi un prolífico autor de novelas, relatos, poesía, ensaio, libros infantís e memorias. Graduouse en Harvard en 1954 e traballou para The New Yorker. Varias das súas novelas gañaron o Premio Pulitzer, o National Book Award e o National Book Critics Circle Award, entre outros. A súa obra máis importante foi a serie de novelas sobre  o seu personaxe Harry Angstrom (Coello).

____

Editorial: Rinoceronte 08-2024
Idioma: Galego