Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CORPOS NO MAR

€20,00
ISBN 9788409608157

Salgado, tranquilo o iracundo, profundo y oscuro, en la parte acuática de la tierra tenemos a nuestros mares o mapa de la vida.
Ya sean extremidades o pensamientos, hay personas que tienen el cuerpo en peligro. Quixen escoitalas y levantaran acto los que viven del mar o les morreron seres queridos en el. Describir una Galicia desde la costa este así como recordar las señales de auxilio que emite el Océano Atlántico.
Intentaré decirte, atmósferas y sensaciones para contar la vida de esa xente tinxida de salitre. Lo que aquí se presenta es el cálido conocedor de cuentos testemuñas a través de la literatura.
Agradecimiento por siempre a quien me contou.

Falamos co autor:

QPC: Como nace Corpos no mar e de que trata?
”Corpos no mar” naceu dunha preocupación: a alarmante disminución da poboación na Costa da Morte en xeral, en Malpica en particular. Entre outras causas macro, o mar e a súa deriva ten moito que ver nesta mingua poboacional. As vilas litoranas, sen mar, non son quen de albergar e xerar vida. Da ansia por albiscar o futuro, de obter respostas, por comprender e ser máis comprensivo...agromou esta obra. Un libro que bebe do presente, pero olla ao porvir. Que fora a desculpa para convocar este Foro xa me satisface. Que emocione e dea que pensar a quen o lea, tamén me gustaría.

”Corpos no mar” é unha novela disfrazada de ensaio; un ensaio novelado que bebe de escoitar a máis de trinta persoas ao longo da Costa da Morte que teñen o corpo no mar. Escoitei a viúvas, a náufragos que o poden contar, a mergulladores, a furtivos, a salvavidas, a atadoras, a lobos de mar da tarrafa, a un pintor que pintaba de resollo como Lugrís…
e a un exxogador moi querido na Costa da Morte (Alejandro Torrado), excelente mergullador da miñoca, que xa non se poderá ler.

QPC: Unha Comisión de Festas editando un libro? que che parece o labor que están a realizar?
As Mallas de Area son unha marca moi recoñecida no mar doméstico de Malpica. Aniña un pouso pesqueiro moi fértil, é unha eira marítima para nadadores, suurfistas e mergulladores, é un espazo a preservar polos valores que acubilla.

A As. As Mallas de Area de Eloy, Pedro e Iago, tamén é un valor a preservar, a aniñar. E son moito máis que unha Comisión de Festas. Porque traballan arreo polo ben común: sen horario, sen dedicacións exclusivas, á intemperie do que dirán. As diversas iniciativas que pretenden desenvolver promovendo o intercambio de ideas, o cuestionamento das cousas, fuxir da resignación, da apatía comunitaria son vitaminas sociais. Esta clase de persoas son indispensables. É o combustible cívico dunha vila para facer comunidade.

O capital social, ese valor intanxible que non se compra en Froiz, nin sequera con favores, que hai que amorear durante anos argallando propostas e actividades, tecendo rede cun fío de solidariedade, ese capital social xérano vontades e actitudes comprometidas.

Mais nese labor acotío sofren os envistes da incomprensión, da insensibilidade cultural, da resistencia ao cambio, da presión e mesmo represión dos poderes en calquera das súas formas de exercelo. Pero quero dicirvos que non todo se fai desde a acción política, e si desde a res-pública, desde a cousa pública. Erra quen pensé que un proxecto de vida comunitaria, para que sexa sostible e igualitario, non precisa dun pacto entre quen alí convive. Un acordo de como se quere vivir. De non se dar, esa comunidade ten fugas de enerxía, non se desenvolve equitativamente, morre por inanición cívica.

Por iso, malia de que a miña editorial non estivo ao principio moi de acordo coa idea, cedínlles os dereitos de explotación deste libro. Outro xeito de acincarlles. Porque son moi consciente da importancia do que fan e das inclemencias que lles afectan (pareceránvos moi propias de Malpica, mais tende por seguro que son mostras do retroceso sociolóxico que estamos a padecer).

QPC: Que esperas do I Foro do Mar?
Vendo o cariz das prestacións de vida que ofrece Malpica (e vilas semellantes), cunha poboación moi envellecida e que apenas nacen criaturas nin ven xente nova a vivir; vendo o cambio climático, a deriva da explotación do mar e as súas problemáticas, etc, espazos de encontro, análise, reflexión e concienciación coma este son sempre boas iniciativas. Creo en certa dose de irreverencia cívica, non todas (e as mellores) solucións pasan pola acción política e si pola res-pública, a cousa pública, o pensar transversalmente polo ben común. Agardo que a xente que literal ou metaforicamente ten o corpo no mar, acuda.

ACD Mallas de Area

É unha asociación pequena, constituida por 3 rapaces, que ademais de organizar as festas populares de Malpica de Bergantiños, organiza actos culturais de interese xeral.

____

Editorial: Mallas de area 05-2024
Idioma: Galego