
CORPOS EXORBITANTES: ROSALÍA DE CASTRO, TRADUTORA FEMINISTA, EN DIÁLOGO CON ERÍN MOURE
Ambas traducen senllos autores (Rosalía de Castro o autor español Ventura Ruiz Aguilera e Erín Moure a Fernando Pessoa/Alberto Caeiro) explorando a capacidade ética e política da tradución. Neste fascinante proceso de análise descubrimos una nova cara de Rosalía de Castro, que demostra non só ser pioneira tamén na tradución, senón utilizar estratexias parellas ás de Moure que, aínda un século despois, seguen resultando revolucionarias. Corpos exorbitantes pretende, a través destas dúas figuras sobranceiras, botar luz sobre o potencial transformador da tradución á hora de establecer discursos críticos a respecto do mundo que habitamos e sobre a necesidade de destapar o discurso heteropatriarcal e colonial dominante que alicerza todas as demais violencias.
____
Editorial: USCIdioma: Galego