Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

URBANISMO E PATRIMONIO NA VILA DE BAIONA

€25,00
ISBN 978841813643

Delimitación do seu conxunto histórico.

Traballo de investigación sobre a vila de Baiona, con fotografías a toda cor, no que se pretende analizar en profundidade o Conxunto Histórico de Baiona, declarado Ben de Interese Cultural(BIC) en 1993, co obxectivo de mellorar a súa protección e conservación, e procurar a súa revitalización e rehabilitación; así como a súa rexeneración urbana. Para analizar en profundidade como exercer esa protección patrimonial, esta guía-estudo recolle a historia e evolución da vila de Baiona a través de diversos soportes que apoian a investigación realizada polas autoras, como son mapas, imaxes e gráficos que determinan a defensa e posta en valor do Conxunto Histórico.

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Galego