Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O DOUTOR GLAS

€15,50
ISBN 9788412624731

A monótona e sosegada vida do doutor Glas vese profundamente alterada o día que a fermosa Helga Gregorius visita a súa consulta. A moza, casada cun pastor protestante moito máis vello ca ela, non soporta as esixencias sexuais dun marido a quen non ama e, na súa deseperación, recorre ao médico para que lle axuda a evitalas. O doutor enfróntase entón a todo un dilema moral do que vai deixando constancia no diario que constitúe a novela.

Hjalmar Emil Fredrik Söderberg naceu o 2 de xullo de 1869 en Estocolmo, nunha familia de funcionarios. Tras un breve paso pola universidade, comezou a escribir no xornal Svenska Dagbladet aos vinte anos. Aínda que nunca deixou de exercer o xornalismo, tamén escribiu obras dramáticas e teolóxicas, e ficción narrativa, tanto breve como extensa. En 1895 publicou Förvillelser, a súa primeira novela.

O doutor Glas (1905) é a súa terceira novela e está considerada a súa obra mestra, se ben suscitou unha gran polémica no seu tempo por tratar temas como o adulterio, os dereitos da muller, o aborto ou a eutanasia. Considerado un dos mellores escritores da literatura sueca, destacou pola súa capacidade de observación da cidade que o viu nacer, así como pola súa exploración da melancolía do seu tempo e por un traballo case de filigrana á hora de crear personaxes. Moi crítico en cuestións políticas, nos seus últimos anos de vida escribiu enerxicamente contra o nazismo no diario sueco da resistencia.

Finou o 14 de outubro de 1941 en Copenhague.

____

Editorial: Irmás Cartone 09-2023
Idioma: Galego