Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANDO VERNE AMARROU EN VIGO

€10,75
ISBN

Con protagonistas e episodios reais, Paco Climent arma unha intrigante e poderosa novela (galega de punta a cabo, a xulgar polos escenarios e os personaxes) sobre a rapina dos galeóns afundidos en Rande. Un arqueólogo falangueiro, Wenceslao Viñal, e un mozo de quince anos pupilo seu, Pepe Varela, moven Roma con Santiago para impedir que compañías estranxeiras saqueen os tesouros afundidos na baía viguesa. E mesmo buscarán o arrimo do propio Xulio Verne, que nese ano de 1878 se atopa en Vigo, onde recalou, nunha primeira estadía, a bordo da súa goleta Saint-Michel.

Editorial: Tambre

Idioma: Galego