Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA: [1981-2011] = ANTHOLOGY OF GALICIAN LITERATURE

€32,00
ISBN 9788445350638

 

Compilación dos autores máis destacados da literatura galega entre os anos 1981 a 2011.

Esta antoloxía aspira a presentar a literatura galega contemporánea ao público lector en lingua inglesa e constitúe unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega. 1196-1981, publicada en 2010.
Ambas as dúas foron escolmadas por Jonathan Dunne, tradutor de prestixio, que se encargou da edición. Sesenta textos de sesenta autores ofrécense nesta nova antoloxía en edición bilingüe galego-inglés, incluíndo todos os xéneros: narrativa de ficción (tanto para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio.

Este novo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o de agora en boa medida por descubrir. En edición bilingüe (inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1981-2011 nace para espallar a creación literaria en lingua galega polos grandes ámbitos académicos e profesonais onde as letras circulan: universidades, centros de estudos do hispanismo e a lusofonía, lectorados de lingua galega, asociacións de tradutores, axentes e críticos literarios, medios de comunicación especializados, editoras comerciais, bibliotecas, feiras internacionais, etc. Non renunciamos á utilidade da obra en centros docentes e en aulas de literatura (universitarias e de bacharelato). Mais a presente escolma quere ser, fundamentalmente, unha proposta ordenada do noso presente literario.

En edición bilingüe (inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1196-1981 nace para espallar a creación literaria en lingua galega polos grandes ámbitos académicos e profesonais onde as letras circulan: universidades, centros de estudos do hispanismo e a lusofonía, lectorados de lingua galega, asociacións de tradutores, axentes e críticos literarios, medios de comunicación especializados, editoras comerciais, bibliotecas, feiras internacionais, etc.

Durante anos, Jonathan Dunne, un dos nosos máis prestixiosos tradutores internacionais, dirixiu un proxecto que agora se materializa: 40 autores, 55 textos diversos (seis deles de carácter anónimo), traducidos por 22 especialistas e escolmados por medio cento de críticos literarios e profesores de dentro e fóra de Galicia.

Trátase dunha primeira entrega, que vai dende as orixes da nosa literatura na Idade Media ata o ano 1981 (Estatuto de Autonomía de Galicia). No futuro, dentro do mesmo proxecto, presentaremos un segundo volume no que se incluirá unha escolma semellante dende o ano 1981 ata os nosos días.


Dispoñemos do tomo: 
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981

_____

Editorial: XUNTA 09-2023
Idioma: Galego/Inglés
Páxinas: 396