Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA GALEGO

€18,00
ISBN 9788419853011

Este libro do investigador e divulgador Rafael López Loureiro é unha demostración de abraio polo labor de Martín Sarmiento, un home único e irrepetible, traballador infatigable, imaxinativo, un inxenuo proxectista de utopías. Un buscador de verdades, natural do Reino de Galcia, da Boa Vila, Pontevedra: un Doutor de Teología, un urbanita ilustrado, galeguista e naturalista. Unha rara ave, neste paraíso que puido ser e chamamos Galicia.
Defensor da lingua e amante da historia natural
O seu nome non era Martín Sarmiento; era, en realidade, Pedro García Balboa. Cambiouno en Madrid, onde chegou en 1710 para tomar o hábito da orde beneditina, como recollen varias investigacións sobre a súa vida. Entón, cambiou o seu nome por “Martín García Sarmiento” para honrar ao patrón do seu convento e á liñaxe familiar dos Sarmiento.
A súa primeira obra en galego foi Coloquio de 24 gallegos rústicos, que escribiu cando lle era descoñecida a literatura galega medieval. Para o frade era de vital importancia a necesidade de darlle ao galego unha ortografía, unha gramática e un dicionario. A publicación forma parte desta intención, pois “foi concibido máis como un catálogo de termos galegos para o Comento que lle segue, formando con él o Glosario en que se trata del origen antiguedad etimologías y esplendor de la Lengua Gallega, que como un simple exercicio literario”, explica a Real Academia Galega. No Glosario Sarmiento defendía a dignidade do galego e unha identidade propia respecto do castelán e do portugués.
Segundo os apuntes biográficos de Judith del Blanco Maurel y María Asunción Sánchez Manzano sobre a vida de Martín Sarmiento, houbo dúas viaxes a Galicia que aumentarían o seu interese polo medio natural. En 1745 aproveitou un desprazamento a Valladolid para volver á terra que o viu nacer. Daquela, interesouse pola tradición, as letras, a flora e a fauna galegas. A segunda destas viaxe data do 5 de maio do 1754, cando incrementou os seus coñecementos da botánica autóctona. Nese tempo, escribiu os seus Pensamentos Crítico-Botánicos (1752-1762).
López Loureiro sinala o abandono os aspectos naturalistas da súa obra e o seu descoñecido rol como introdutor do cultivo do amorodo en España. A través do seu blog, fai un labor activo para enxalzar o labor dos naturalistas e dedícalle un texto como padriño do naturalismo: Padriño que non sería un santo celestial de mérito difuso, senón un freire vivo do Reino de Galicia, da boa vila, Pontevedra, un home laborioso a todas horas, infinito lector curioso, avogador de naturalismos, un sabio precursor de futuros silandeiro e humilde, que aprendía dos iletrados, da infancia, da ancianidá, que no seu tempo e sendo primeiro, foi quen máis e mellor defendeu, que en España se instaurasen os estudos de ciencias naturais que hoxendía existen.

As súas ideas
Ramón Mariño Paz recolle as teses sobre a obra de temática galega do padre Sarmiento. Na súa opinión xiran en torno a:
Placa na rúa Martín Sarmiento de Pontevedra. o problema lingüístico, semántico e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria; o seu rexeitamento irado do castigo físico que sufrían algúns nenos por expresárense en galego na clase;
a súa defensa convencida de que ós rapaces había que aprenderlles na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía predicar e administrar os fregueses na lingua que lles era propia; e, en definitiva, o seu convencemento de que isto implicaba introducir o galego na escola, nos xulgados, nas igrexas e na administración.
En 1944 fundouse o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, que pretende ser unha continuación do Seminario de Estudos Galegos. Neste instituto realízanse exposicións, publicacións e labores de investigación nas ramas de Humanidades e Ciencias Sociais.

_____

Editorial: Embora  02-2024
Idioma: Galego