Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío.
Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas.
A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos.
Dopazo Ruibal, Lara
(Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo. Publicou as obras Os lobos na casa de Esaú (2017), Claus e o alacrán (2018) e O axolote e outros contos de bestas e auga (Premio Illa Nova de Narrativa, 2020), entre outras obras.
Tamén traduciu para o galego a poeta Antonia Pozzi en Lume branco (2021).
Entre 2021 e 2023 viviu en Iowa, fonte de inspiración para esta obra.