Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

CONTOS ESTRAÑOS V10. A SOMBRA PRIMIXENIA

por VV.AA.
€12,00
ISBN 9788416121656
«Que non está morto o que eternamente pode xacer, e cos eóns estraños mesmo a morte pode morrer» Estes versos do aborrecido Necronomicon perséguennos no soño e na vixilia.

Na marxe da nosa mirada, unha imaxe esvaída e imposíbel lémbranos que non estamos sós, que non somos a única especie intelixente. Uns ollos sen pálpebras aséxannos desde os fríos baleiros interestelares, onde unha criatura demente e grotesca toca nunha frauta escachada unha melodía impía que bailan unhas deidades sen nome. Nas profundidades do mar, baixo os desertos de Arabia e de Australia, tras as montañas imposíbeis da Antártida, nos pantanos lamacentos de Nova Orleáns e quizais tamén soterradas nos outeiros vellos da Galiza, as sombras numinosas duns seres primixenios tremen no momento en que o soño eterno dá paso a un novo espertar aterrecedor. Acompáñanos aos eidos da loucura nestas páxinas cheas de fantasías que quizais sexan algo máis que ficcións.

____

Editorial: Urco
Idioma: Gallego