Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

CONTOS DO MAR DO SON

€20,00
ISBN 9788494653773
O autor neste libro recolle unha grande cantidade desas pequenas historias que reflicten esta cultura contada polos seus propios protagonistas a través de contos transmitidos moitos deles de xeración en xeración.

Non temos morriña daquelas penurias e pobreza, senón que queremos sentirnos orgullosos deses homes e mulleres que co seu coñecemento dos nosos mares e co seu esforzo e traballo fixeron de nós ese pobo con sal nas venas. Coa publicación deste libro, dende Sonora iniciamos o proxecto “As voces do Mar”, no que se pretende recuperar e reivindicar a “cultura marítima” da que forma parte inequívoca o noso pobo e hoxe permanece ignorada pola maior parte da xente nova e menosprezada por outra parte da sociedade, correndo o risco de se perder coma unha parte do noso patrimonio para futuras xeracións.  

____

Editorial: Andavira
Idioma: Gallego