Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CONTOS DE TERRAMAR

€16,00
ISBN 9788412948929

Explora Terramar neste novo volume da saga a través de cinco historias que ocorren antes ou despois da época das novelas, e mais dun ensaio sobre as persoas, as linguas, a historia, a literatura e a maxia deste mundo fantástico.
O buscador, unha novela curta ambientada centos de anos antes "d'Un feiticeiro de Terramar", revela como comezou a famosa escola de Roke. "N'Os ósos da terra", o primeiro mestre de Ged demostra como a humildade, se é o suficientemente grande, pode controlar un terremoto. Ás veces, os feiticeiros buscan carreiras alternativas, como ocorre no conto de "Rosaescura e Diamante". Volve á época en que Ged era Arquimago "Na braña alta", unha historia sobre o amor polo poder e o poder do amor. E descubre en "Libeliña" como unha muller decidida pode romper o teito de cristal da maxia masculina tendendo unha ponte entre "Tehanu" e "Outro vento".

Ursula Kroeber Le Guin, nada en Berkeley, California, o 21 de outubro de 1929 e finada o 22 de xaneiro de 2018, foi unha escritora estadounidense de ciencia ficción e fantasía. Escribiu poesía, libros infantís e ensaios, e incluso traduciu obras doutros autores dende o chinés e o español. Así e todo, debe a súa fama ó numeroso caudal de libros e contos de ciencia ficción e fantasía publicados ó longo da súa carreira con varios premios Hugo e Nébula. Foi a única muller que ata a data foi galardoada co título de Gran Mestra pola Asociación de escritores de ciencia ficción e fantasía dos Estados Unidos (SFWA). 
Considerabase unha feminista anarquista e taoísta.l
  

____

Editorial: Boadicea 02-2025 
Idioma: Galego
Páxinas: 368
NARRATIVA FICCIÓN