Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

CONTOS DE ANDERSEN

€33,60
ISBN 9788483024553
Contos de Andersen recolle os mellores contos de Hans Christian Andersen traducidos para o galego por Xavier Rodríguez Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados artistas, entre eles os galegos Luis Castro Enjamio e Irene Fra. O escritor Gustavo Martín Garzo, preparou unha seductora introducción baixo o título "O que garda un chícharo". O libro, de grande formato e coidada edición, complétase cun apéndice, "O conto da miña vida sen literatura", autobiografía parcial de Andersen publicada en 1847.Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta; Fuencisla del Amo ilustrou "A princesa e o chícharo" e "O reiseñor"; Enrique Perales, "Polgariña" e "O caracol e a roseira"; Viví Escrivá, "A sereíña"; Enrique Flores, "O traxe novo do emperador", "Os zapatos vermellos" e "O boneco de neve"; Gabriel Hernández, "O valente soldadiño de chumbo" e "O patiño feo"; Irene Fra, "Os cisnes salvaxes" e "A pequena fosforeira"; Luis Castro Enjamio, "O abeto" e "O último soño do vello carballo"; Luis de Horna, "A raíña das neves".

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego