Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CONTOS DA BEIRAMAR

€19,80
ISBN 9788412260946
Nestes Contos da beiramar ficción e realidade mestúranse como envoltas pola mesma onda. Haberá quen dean por certos moitos dos feitos que neles se narran, mentres que sobre outros pensarán que non son máis que produto da imaxinación do autor. Pero podería ser xustamente ao revés. Porque ficción e realidade fanse mutuos préstamos para poñer diante dos ollos do lector vivencias cotiáns ou singulares episodios protagonizados por mariscadoras, mariñeiros, funcionarios, persoal das cofrarías de pescadores e ata algún carguito, taberneiro ou pescador furtivo, que todo hai. Cousas que pasaron e pasan na beiramar , contadas con desenfado e certo agarimo,onde a retranca popular non deixa de ser un persoeiro máis. Uns relatos que, ademais de recrearse coa lectura e coñer dende dentro anacos do mundo do mar, permiten xogar ás adiviñas.

____

Editorial: Elvira 2021
Idioma: Galego