Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CONTOS ÁS SEIS

€15,00
ISBN 9788416884896

Gnomos que buscan agradar a todo o mundo, xoguetes que cobran vida, rapaces de bo corazón que levan a súa recompensa, elfos un pouco parvos e animais que serven de moita axuda…
Enid Blyton reúne unha serie de contos cos que esmendrellarse e aprender.

A inglesa Enid Blyton (1897-1968) foi unha das autoras máis prolíficas da literatura infantil do século XX, con máis de setecentas obras que se traduciron a cerca de cen linguas. As súas historias, cheas de aventuras, misterios e valores como a amizade e a xustiza, seguen chegando ó corazón dos pícaros de todo o mundo.

____

Editorial: Sushi book 09-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 138
INFANTIL A PARTIR DE 8 ANOS