Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CONSERVAR A MEMORIA

por Chas
€9,90
ISBN 9788487882388
Fotografar estas vellas fábricas supón un regreso aos inicios da historia fotográfica. O uso da cámara para a elaboración dun arquivo, a elección dunha temática que versa sobre a arquitectura, a exploración e os cambios sufridos no territorio, a utilización da imaxe fotográfica como unha tecnoloxía que nos permite ter unha visión pausada da “realidade” son cuestións inherentes ao medio fotográfico dende a súa orixe.

Na orixe deste proxecto atopamos a necesidade de rescatar unha parte da nosa historia e do noso patrimonio. É esa parte onde iniciamos o noso camiño como sociedade moderna e industrial. Recuperala a través do visor dunha cámara fotográfica pareceume a forma máis axeitada, por varios motivos. En primeiro lugar, porque fotografar estas vellas fábricas supón un regreso aos inicios da historia fotográfica. O uso da cámara para a elaboración dun arquivo, a elección dunha temática que versa sobre a arquitectura, a exploración e os cambios sufridos no territorio, a utilización da imaxe fotográfica como unha tecnoloxía que nos permite ter unha visión pausada da “realidade” son cuestións inherentes ao medio fotográfico dende a súa orixe. En segundo lugar, porque, curiosamente, a invención da fotografía e a da conserva hermética de peixe son practicamente coetáneas. E non acaban aquí os paralelismos; en ambos os casos obtemos produtos derivados dunha mecanización, pensados para prolongar a súa duración no tempo.  Poderiamos chegar a definir a fotografía coma un método de conserva de espazos, de persoas, de momentos; é unha especie de memoria en lata, máis aínda cando penso naquelas caixas de latón onde se gardaban as vellas fotografías familiares. Presento, polo tanto, un proxecto que intenta ir máis aló do simplemente captado pola cámara. Non se trata da realización dun mero exercicio de arquivo. É unha reflexión acerca dos cambios experimentados na sociedade e no territorio. É devolverlles por un intre a estes edificios aquela importancia que algún día tiveron a través dunha mirada limpa e respectuosa. É unha forma de non esquecer, unha maneira de conservar a memoria. Chas

____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • AZIZ+CUCHER

    AZIZ+CUCHER

    AZIZ+CUCHER
    €9,90

    “As Formas manifestábanse soamente ao sufrir metamorfoses. Cada forma tiña a súa propia e perfecta distinción sempre e cando mantivese esa particul...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIA FOTOGRÁFICA DE CANGAS. SÉCULO XX

    HISTORIA FOTOGRÁFICA DE CANGAS. SÉCULO XX

    VV.AA.
    €15,00

      Fotografías para a historia do século XX dunha vila mariñeira, recompiladas e clasificadas baixo o título de referencia, labor levado a cabo por...

    Ver todos os detalles
  • MIL RIOS

    AA. VV.
    €28,00

    Por que reducir a paisaxe dos ríos a fotografías tiradas dende a beira? A paisaxe pode ser algo máis que unha representación visual estática.En MIL...

    Ver todos os detalles
  • JOACHIM SCHMID

    JOACHIM SCHMID

    Joachim Schmid
    €9,90

    Durante as dúas últimas décadas Schmid investigou sistematicamente as posibilidades da “fotografía atopada” cunha estraña combinación de rigor e hu...

    Ver todos os detalles
  • PANO DE FONDO

    PANO DE FONDO

    VV.AA.
    €20,00

    Pano de Fondo non pretende ser un catálogo da fotografía de estudio realizada en Galiza neste período. Simplemente procura levar a cabo un achegame...

    Ver todos os detalles