Copérnico, Darwin e Freud sinalan as denominadas con acerto descontinuidades no pensamento científico.
Respectivamente, provocaron nos campos da física e a astronomía, da bioloxía humana e animal e do coñecemento da mente unha enorme e profunda revolución nas concepcións da súa época, que propiciou, nos seus ámbitos respectivos, froitos, debates e consecuencias que non remataron aínda. Así, agora coma sempre é bo momento para ponderar a grande amplitude do pensamento do fundador da psicanálise.