Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

‘CON PÉS DE LA’. FRASEOLOXÍA GALEGA, CON PROPIEDADE

€19,00
ISBN 9788412593914

Eis unha pequena guía ilustrada para podermos empregar a fraseoloxía galega con propiedade, sen deturpacións e/ou interferencias do castelán. Son 120 as expresións galegas ilustradas; porén, son moitas máis as que recolle este libro, pois cada unha desas 120 incorpora outras equivalentes de uso habitual na Galiza e Portugal. 

Con pés de la’, de María Vieiro quere ser unha pequeña guía ilustrada para empregarmos con corrección a fraseoloxía galega, libre de interferencias. 

As expresións idiomáticas reflicten a riqueza dunha lingua ao transmitiren referencias culturais, históricas, lendarias…, a forma de ver o mundo ou a relación co medio de determinado pobo. 

A fraseoloxía galega é especialmente rica, mais na actualidade áchaseinterferida polo español e deturpada pola introdución de expresións castelás de forma directa ou por medio de calcos. De aí a utilidade dunha publicación que achegue unha orientación no uso correcto dos nosos modismos, aos que sumamos algúns dos utilizados na outra beira do Miño.

O obxectivo é divulgar algunhas das expresións de uso cotián utilizando as imaxes para fixar de modo máis fácil a expresión correcta.

___

Editorial: TEMPO GALIZA 10-2022
Idioma: Galego