Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

COLLEITA VERMELLA

€16,00
ISBN 9788494450332
A historia arrinca coa chegada dun detective privado á gris cidade de Personville. A cada movemento do protagonista, xorden novas complicacións: verase inmerso en sanguinarios enfrontamentos entre bandas rivais e coñecerá as manobras reprobables realizadas á marxe da lei. Cabe sinalar que a trama se intrica até extremos insospeitados, pero iso non fai senón acentuar o peso literario dunha obra fóra de serie.

Colleita vermella publicouse por vez primeira nos Estados Unidos de América en 1929. Trátase dunha obra pioneira do xénero negro, hoxe considerada pola crítica como unha das mellores novelas en lingua inglesa do século XX. Para amantes do hard-boiled, é de lectura inescusable: porque serve de modelo para a multitude de obras pulp que virían despois (non só na literatura senón tamén no cinema); por ser a primeira novela co axente da Continental como protagonista, personaxe insignia –xunto con Sam Spade e o Philip Marlowe de Raymond Chandler– do xénero; por algunhas escenas e diálogos verdadeiramente xeniais: segundo o existencialista galo André Gide, «o último en atrocidade, cinismo e horror»; pola súa complexidade a case calquera nivel: foi lida como enxeñosa alegoría, como apoloxía marxista do sindicato organizado (para o caso, a mafia) e como virulenta comedia negra ao redor do asasinato.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • OS INCURÁBEIS

    OS INCURÁBEIS

    Antonio Tizón
    €18,30

    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha n...

    Ver todos os detalles
  • A DAMA DE GLENWITH GRANGE

    Wilkie Collins
    €7,00

    A novela curta A dama de Glenwith Grange publicouse por vez primeira en 1856, como parte da colección de relatos intitulada After Dark (onde só est...

    Ver todos os detalles
  • A VIRXE E O XITANO

    A VIRXE E O XITANO

    D. H. Lawrence
    €13,00

    Finalizados os seus estudos no estranxeiro, as irmás Saywell, Yvette e Lucille, regresan ao fogar paterno, onde as agarda unha vida monótona e gr...

    Ver todos os detalles
  • OS CALOTEIROS

    OS CALOTEIROS

    Librería Abrente
    €18,50

    Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe ...

    Ver todos os detalles
  • HISTORIA DUNHA GRANXA AFRICANA

    HISTORIA DUNHA GRANXA AFRICANA

    Librería Abrente
    €15,50

    Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é...

    Ver todos os detalles