Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ENIGMA DO SEGREDO

€11,00
ISBN 9788493885922

Anterior na súa concepción a A voz da auga, O enigma do segredo publícase posteriormente a esoutro poemario por vicisitudes do mundo editorial galego. A voz lírica de María do Carme Kruckberg achégase ao pasado con sabedoría e coñecemento, pero afronta o futuro coa emoción do descoñecido, sempre co amor -o enigma– como postura existencial.

María do Carme Kruckenberg naceu no ano 1926 en Vigo, cidade onde aínda reside. Lectora da poesía galega e de varos países do mundo revela moi cedo a súa paixón pola palabra escrita e especialmente pola poesía. No ano 49, tras unha participación activa no movemento cultural vigués dos anos 40, casa e marcha a Buenos Aires, onde reside ata o 53. Alí entra en contacto con importantes intelectuais no exilio. De volta a España pasa por Madrid, onde contacta cos escritores da revista Garcilaso. As viaxes son, xunto coa literatura e os amigos, outra das súas paixóns e fonte de coñecemento, pois, como ela mesma sostén: “o que máis me interesa no mundo é o coñecemento, a liberdade e o amor: por iso escribo”.
É autora de máis de vinte poemarios, varios contos e diversas colaboracións en revistas. A súa poesía está recollida en varias antoloxías en galego, castelán e inglés.

____

 Editorial: Barbantesa

Idioma: Galego