
Os coleópteros son criaturas fascinantes. Viven apegadas ao chan, furando nas vísceras da terra, ao tempo que posúen a habilidade incríbel de voar. Duros e febles a un tempo, fermosos pero desacougantes. Son en si mesmos unha imaxe que captura ben as ambivalencias que revisten estes poemas. Lorena Souto. Naceu no Páramo (Lugo) en 1983. É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou estudos de Doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Desde o ano 2007 forma parte do consello de redacción da revista Dorna, e ten publicado textos da súa autoría en diversas obras e proxectos colectivos, ademais de participar en numerosos recitais. En 2012 publicou o seu primeiro poemario, Fase de trema, en Espiral Maior, co que gañou a XXIV edición do Premio Pérez Parallé.
____
Editorial: Chan da PolvoraIdioma: Galego