Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CODEX CALIXTINUS-BOOK V

€14,50
ISBN 9788416460755

Edición en inglés do Libro V do Codex Calixtinus. A tradución corre a cargo da filóloga Teresa Moralejo (neta de Abelardo Moralejo, quen, en 1951, fora o primeiro en traducir o Códice do latín ao castelán). O Calixtinus foi elixido en 2017 pola UNESCO como “Rexistro da Memoria do Mundo”.

Unha edición en inglés (no mesmo formato popular e de peto na que publicara a edición en castelán en 2016) do texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino: o Libro V ou Guía do Peregrino Medieval, escrito a mediados do século XII e que se considera a primeira guía de viaxes de Europa. Hoxe, no mercado, non era posible atopar unha edición popular, en inglés, desta obra.

O Codex Calixtinus foi seleccionado en 2017 pola UNESCO como «Rexistro da Memoria do Mundo», unha inscrición que recoñece as grandes xoias documentais da historia da humanidade.

Estamos diante dun texto que é un tesouro esencial para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.

O autor deste Libro V do Códice, posiblemente un monxe francés chamado Aimeric Picaud, detense nos lugares, monumentos e persoas que atopa no camiño do Camiño de Santiago. A narración faranos viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.

    _____

    Editorial: Alvarellos
    Idioma: Inglés