Tradución de Darío Xohán Cabana
Publicada en 1900, Claudine na escola, primeira novela de Colette, narra, en forma de diario, as aventuras da adolescente Claudine na súa vila natal, entre paseos polo bosque, amores platónicos, pelexas e sucesos escolares, que a converteron nunha obra que escandalizou no seu momento polos temas que trataba: amores sáficos, homes viciosos e raparigas desvergonzadas.
Unha novela fresca, divertida e impertinente.
____
Editorial: Galaxia 10-2022
Idioma: Galego