Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CINZA DE ESTRELAS

€9,00
ISBN WP3670
Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez: dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra, ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez. Esta obra logrou en 2014 o segundo premio na edición número 40 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba.

A escrita como refuxio. A poesía tórnase en vieiro para alcanzar o coñecemento das cousas. O verso revélase nas páxinas desta obra coma un xeito de deter o fuxidío da existencia. As palabras como contención.  "Unhas palabras que paguen a pena ser escritas / que atrapen a memoria", di a autora no poema "Adiviñanza". Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez: dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra, ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez.  

____