Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

CHILOÉ. UNHA OLLADA COMPARTIDA

€20,00
ISBN 9788491512523
Precedido por "Chiloé", de Eduardo Blanco Amor   En 2006, o fotógrafo José Luis Abalo baixa do transbordador que une o territorio continental de Chile con Chiloé. Desde moitos anos antes, sentía a mesma fascinación por esa illa do Océano Pacífico que describe Eduardo Blanco Amor no seu libro Chile a la vista.

Unha ollada compartida que das verbas do autor de A esmorga pasa ás fotografías deste libro. Unha paisaxe que, desde a pura intuición, semella a dunha Galicia austral. Verdes outeiros, campos cheos de xestas, pequenos golfos e enseadas facilmente asimilables a calquera ría galega. Leiras e praias onde as vacas pastan ceibas. Chiloé refíctese nas fotografías de Abalo co pulo de todas as xeografías arcanas que cómpre descifrar e onde conflúen liñas do tempo e horizontes. Os habitantes levan dentro de si a unión de América coas terras galegas dos seus devanceiros. Os mesmos nomes de lugar, idénticas miradas, semellantes anceios de progreso.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego